O pasado sábado 26 de outubro a nosa asociación organizou unha xornada de recollida de cogomelos da man da experta Mercedes Nodar. As persoas participantes desfrutaron dunha agradable andaina polo monte baixo un magnífico sol de outono.