A saúde no centro: Charla da Doutora Charo Vázquez sobre prevención en outono e inverno

O pasado mércores, a Asociación Teenses pola Igualdade organizou unha nova charla formativa aberta á veciñanza, centrada nesta ocasión na protección e prevención da saúde durante o outono e inverno, a cargo da Doutora Charo Vázquez. Durante a sesión, que tivo lugar no Concello de Teo, a doutora fixo unha exposición clara, práctica e accesible sobre as principais […]
Carta das súas amigas e compañeiras a Josefina (Fina) Angueira Coto

Querida Josefina (Fina) Angueira Coto, Cómpre dicir adeus, pero en realidade non marchas. Quedas con nós, presente na memoria, nas lembranzas compartidas e en cada paso que demos como asociación e como mulleres que tivemos a sorte de vivir parte da vida ao teu carón. Eras unha muller brava e valente, decidida e independente, e ao mesmo […]
Saúde, verán e compromiso: grazas, Charo!

En Teenses pola Igualdade sentimos un profundo agradecemento e entusiasmo por ter contado, unha vez máis, coa colaboración da nosa socia, amiga e excepcional profesional da saúde, a doutora Charo Vázquez. Nesta ocasión, Charo achegouse a compartir con nós unha charla centrada na protección e prevención da saúde durante o verán, unha época do ano que, se ben está […]
Teenses pola Igualdade celebrou o Día das Letras Galegas na Casa Común de Cacheiras

Onte, na Casa Común de Cacheiras, Teenses pola Igualdade celebrou un emotivo acto con motivo do Día das Letras Galegas, ao que asistiron máis de 50 persoas. A actividade foi presentada pola presidenta da asociación, Zora Leis Barcia, que deu a benvida ás persoas asistentes cun discurso cheo de significado e compromiso coa lingua e cultura galegas. […]
Día das Letras Galegas 2025 – Celebramos xuntas e xuntos en Cacheiras

Desde Teenses pola Igualdade queremos convidarvos a participar no acto especial que organizamos con motivo Día das Letras Galegas 2025 – Celebramos xuntas e xuntos en Cacheirasdo Día das Letras Galegas, que terá lugar o xoves 15 de maio ás 20:15h na Casa Común de Cacheiras. Este ano, a Real Academia Galega rende homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral, […]
Martabelas continúa a súa xira con novas actuacións esta fin de semana

O noso grupo de teatro Martabelas segue levando aos escenarios a súa obra Segredos de familia e licor café, unha comedia con moito humor e retranca que está a colleitar grandes ovacións alá por onde pasa. Esta fin de semana temos dúas novas datas: A entrada é libre ata completar aforo, polo que animamos a toda a veciñanza […]
Recoñecemento institucional a Teenses Pola Igualdade polo seu compromiso coa igualdade

Desde Teenses Pola Igualdade queremos compartir con orgullo que a nosa asociación será distinguida polo Concello de Teo cunha mención de honra pola traxectoria de máis de 21 anos traballando pola igualdade entre mulleres e homes. Esta proposta será presentada no Pleno do vindeiro mércores, xunto ao nomeamento como fillos adoptivos do concello de dúas figuras moi queridas e […]
Homenaxe a Ana Conde Miranda: unha década visibilizando historias e creando comunidade

Non é necesario buscar referentes ou os actualmente chamados *influencers* en persoas das que descoñecemos as súas circunstancias reais ou só unha pequena parte. Non debemos deixarnos levar polo márketing, polo bombardeo de información constante, senón ollar un pouco ao noso arredor con perspectiva e dunha maneira crítica e reflexiva: ás nosas familias, amizades, veciñanza, […]
📢 Invitación á XIV Festa das Mulleres e Asociacións de Teo 💜🎉

Queridas socias e socios, Desde Teenses pola Igualdade, queremos convidarvos a participar na XIV Festa das Mulleres e Asociacións de Teo, a nosa celebración anual con motivo do Día Internacional da Muller (8M). Será unha tarde especial de encontro, recoñecemento e festexos, na que nos gustaría contar convosco. Día: Sábado 15 de marzo Lugar: Casa […]
8M: Día Internacional da Muller

Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller, unha data clave para reivindicar os dereitos, a igualdade e a xustiza para todas as mulleres do mundo. Desde Teenses pola Igualdade queremos facer unha chamada á reflexión e á acción, porque a igualdade real aínda é unha meta pendente. Ao longo da historia, as […]