·»Enfrascarse na lectura»
Escultura de Sabeña Armán Labrador de Buño

Vista parcial do Salón de Actos

 

 

 

 

 

 

No Hotel Congreso de Teo celebramos o Día das Letras Galegas, nesta ocasión adicadas a Xosé Filgueira Valverde, coa entrega dos Premios María Mariño de Poesía que este ano van xa pola súa V Edición.

Fixeron de mantenedores da Gala Beatriz Bravo, directora de teatro e actriz así como o seu compañeiro, Xurxo Barcala tamén director teatral e actor.

Os actos comezaron cunha moi divertida introducción dos mantenedores que fixeron rir ao numeroso público presente, que interrumpiron  en varios momentos as  súas agudas intervencións, acompañadas en todo momento pola música e as cancións de Alejandro Martín Olmedo quen sostivo animada a sesión durante toda a noite.

Tras que Beatriz Bravo fixese una breve semblanza da gañadora  do 2º premio  María Teresa Iglesias Yugat, a Presidenta Rosa Gómez Limia, procedeu a facerlle entrega  a mesma, dun cheque de 200 euros, xentileza de Peluquerías Eleka de Compostela e Electricidad González de Teo. Tamén se lle fixo entrega dunha escultura da ceramista e escultora de Buño,  Sabela Armán Labrador.

Ao suave son da música de «Lela» a gañadora foi debullando os fermosos versos do seu poema «Non Quero»

_DSC2658-2

María Teresa Iglesias durante a lectura do seu poema «Non Quero»

Óscar García Ramos, levantouse co Primeiro Premio. Nado na Coruña en 1967, é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive en Bergondo e traballa como profesor de Lingua e Literatura no IES Francisco Aguiar de Betanzos. O primeiro texto literario que escribiu (non publicado) foi un conto infantil dedicado á súa filla Mariña. Dende entón continuou escribindo, de xeito bastante intermitente, relatos breves e microrrelatos, algúns publicados en volumes colectivos. Un deles, Crónica dunha ascensión, foi o texto gañador, na categoría de público en xeral, do 6º Concurso de relatos Ciencia que conta. Ultimamente ocupa os seus tempos libres cada vez máis a poesía.

Recibeu o premio consistente dun cheque de 300 euros e a escultura da artista de Buño, de mans da presidenta de Teenses Pola Igualdade, Rosa Gómez Limia

_Oscar Garcia Ramos

_Xurado e gañadores

Arriba: Oscar García Ramos recibindo o seu  Premio e parte do  Xurado e Gañadores

A mesma escultura foille entregada ao Xurado encargado de dilucidar aos gañadores, Juana Corsina, Alfredo Conde, Javier Crespan, Paula Carballeira e Marisol López.

Trala ceremonia pública tivo lugar una cea e baile amenizado por un precioso repertorio escollido para esta ocasión, por Alejandro Martín Olmedo, a quen, en agradecemento polo seu esforzo se lle obsequiou cunha figura da escultura de Buño «Enfrascarse na lectura»

Comparte