Teo, 3 de decembro de 2022. Onte pola tarde na Mediateca d’Os Tilos tivemos o pracer de escoitar a Marisa Vidal Collazo e Sole Pite, autora e ilustradora do libro «Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe do século IV», publicado pola Editorial Galaxia.

Este ensaio narra a viaxe de Exeria, unha muller afouta movida pola fe e a sororidade, entre o ano 380 e o 383 dende a Gallaecia romana ata Xerusalén. O libro, no cal aparecen varias mulleres cultas e pioneiras, pon de manifesto a importancia de reescribir a historia con referentes femininos.

Co acto de onte, a nosa Asociación vén de inaugurar o Ciclo Lecturas pola Igualdade, unha iniciativa que busca conxugar feminismo e cultura a través da presentación de libros e outros proxectos vencellados co fomento da lectura.

Público reunido na Mediateca d’Os Tilos
O encontro contou coa colaboración da libraría teense A Vagoneta Educativa

Comparte