Onte, xoves 20 de xuño, a Asociación Teenses Pola Igualdade celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria e a Asemblea Xeral Extraordinaria. Durante estas sesións, aprobouse por maioría a elección da candidatura presentada para a nova directiva da asociación. A composición da nova directiva é a seguinte:

Presidenta:

  • Dona Zoraida Leis Barcia

Vicepresidenta:

  • Dona Mercedes Mosteiro Lineira

Secretaria:

  • Dona Josefina Angueira Coto

Tesoureira:

  • Dona América Lucía Pernas Rodríguez

Vogais:

  • Dona María Cruz Gómez Villar
  • Dona María José B. Freire-Garabal Núñez
  • Dona Mercedes García Novio
  • Dona Rocío Pena Duro
  • Don Roberto Moñino Gil
  • Dona Alba Midón Cebeiro
  • Dona Inés Ramos Trasar

Ademáis, tamén se aprobaron as modificacións dos estatutos propostas pola actual Xunta Directiva. Esta renovación e actualización normativa axudará a fortalecer a nosa asociación e a continuar traballando en prol da igualdade en Teo.

Agradecemos a todos as socias e socios pola súa participación e apoio. Seguimos adiante con máis forza e compromiso que nunca.

Asociación Teenses Pola Igualdade

Comparte