Benquerida xente igualitaria: Como cada ano, estamos a organizar a saída ao campo na busca de cogumelos. Este ano imos ir ao Xurés, marabillosa fronteira natural co veciño Portugal.  A saída terá lugar os días 24 e 25 de outubro.

Coma sempre, iremos acompañad@s dunha experta en micoloxía que nos vai descubrir tódolos secretos desta marabillosa disciplina.

Se estás interesad@ en participar na experiencia ponte en contacto con nós coma sempre nos teléfonos:676052321 ou 981/800 114 ou ben mesmo contestando este mail.

Estamos a recabar precios de transporte e aloxamento para o día  24; cando o saibamos comunicaremosllo a tódalas persoas interesadas nesta experiencia.

Saúdos solidarios

Teenses Pola Igualdade

Comparte