As nosas Martabelas voltan ao escenario

Tras o obrigado parón da pandemia, as nosas Martabelas volven actuar. O grupo de teatro de Teenses pola Igualdade representará a peza «Un bombón inesperado». A cita terá lugar o vindeiro 10 de maio no IES Rosalía Mera (antigo Calvo Sotelo) de A Coruña. Moita sorte, artistas!

O vindeiro 12 de marzo celebraremos a tradicional Festa das Mulleres

Teenses pola Igualdade recupera este 2022 a celebración da Festa das Mulleres e das Asociacións de Teo. O vindeiro sábado 12 de marzo a partires das 18h terá lugar no Auditorio Municipal d’A Ramallosa unha homenaxe ao grupo de mulleres voluntarias que de maneira desinteresada confeccionaron máscaras ao comezo da pandemia. No encontro desfrutaremos así […]

Sergio Clavero, Premio Docente Innovagal

Dende Teenses pola Igualdade queremos felicitar a Sergio Clavero por ser recoñecido cun dos Premios Docentes Innovagal outorgados pola Xunta de Galicia. Este profesor do IES de Cacheiras recibiu este galardón polo seu proxecto Aturuxo Films, que ten coma obxectivo a alfabetización cinematográfica dos estudantes a través do pensamento crítico e a creatividade. O pasado […]

O prazo de recepción de poemas do Certame María Mariño finaliza o 30 de decembro

Aquelas autoras e autores que desexen presentar os seus poemas ou composicións á Oitava Edición do Premio María Mariño aínda están a tempo. A xunta directiva da Asociación Teenses pola Igualdade decidiu este 2021 ampliar o prazo ata o 30 de decembro debido ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir por mor da pandemia. Outra […]

Conferencia-coloquio «Masculinidade: a máscara na que vivimos»

O vindeiro xoves 10 de xuño ás 20h terá lugar unha nova conferencia-coloquio dixital organizada pola nosa Asociación. Nesta ocasión será Priscila Tamara Retamozo, coordinadora do proxecto coeducativo COMANDO IGUALDADE, quen imparta a charla que levará por título «Masculinidade: a máscara na que vivimos». A plataforma utilizada será Microsoft Teams e aquelas persoas que desexen […]