Festa das Mulleres

O pasado sábado 9 de marzo tivo lugar unha nova edición da tradicional Festa das Mulleres organizada pola nosa Asociación. Este 2023 contou coa participación de once asociacións do noso concello, así como coa colaboración de varias entidades e establecementos teenses. A homenaxe este ano foi para o grupo Leilía que retirase despois de 35 […]

XIII Festa das Mulleres

O vindeiro sábado 9 de marzo, na Casa Común de Rarís  a partir das 17.00h, tedes unha cita para celebrar a XIII Festa das Mulleres e asociación de Teo. Estades convidadas!!!

TALLER DE AUTOESTIMA

Comprácenos comunicarvos que comenzamos as actividades dentro do noso “Ciclo sobre Saúde Mental” co TALLER DE AUTOESTIMA, impartido por Fernando Lino Vázquez. Serán todos os xoves de febreiro, na Casa Común de Cacheiras, as 20.00h. Prazas limitadas!! Máis información e reserva: 676 052 321 info@teensespolaigualdade.org

IX PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO

A ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE de TEO Convoca: IX PREMIO DE POESÍA “MARÍA MARIÑO” Data: 2023/2024 Suxeito ás seguintes BASES: ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE BASES EN PDF TRÍPTICO EN PDF

Acto na escola de Vilanova-Recesende

O día 23 de novembro, con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, Teenses pola Igualdade estivo na Escola unitaria de Vilanova Recesende para achegar aos nenos a importancia dos valores da igualdade, do respecto aos seres humanos e o rexeitamento da violencia. Dende a nosa asociación consideramos que a educación […]

Actos do Dia da eliminación da violencia contra as muller

O pasado 23 de novembro, con motivo do Día internacional da eliminación da a violencia contra a muller tivemos un acto na Mediateca O Grilo de Cacheiras onde contamos con dúas invitadas de excepción, Chelo Cajide Lavandeira, directora y psicóloga do Centro de Información ás mulleres co concello de Teo (CIM de Teo), con unha […]

Teenses pola Igualdade na entrega dos premios Meninas 2023

A asociación Teenses pola Igualdade foi invitada á entrega dos premios Meninas 2023. Acudiron ao evento a Presidenta Balbina González Morcillo, a  vicepresidenta Zora Leis Barcia, a Tesoreira América Pernas Rodríguez e outros/as membros da Xunta Directiva. Unha vez rematado o acto tivemos a oportunidade de trasladarlle as nosas inquedanzas ao Delegado do Goberno, Pedro […]

20 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DA ASOCIACION TEENSES POLA IGUALDADE

Benqueridas/os socias/os, compañeiras/os, amigos, simpatizantes da nosa asociación Teenses pola Igualdade, Con emoción me dirixo a vos porque hoxe cumprimos 20 años dende que un grupo de mulleres en Teo, tras detectar o desamparo e carencia de recursos das mulleres, e movidas pola indignación das continuas agresións e discriminacións que aínda viñan padecendo as mulleres, […]

HOMENAXE A XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA

O derradeiro venres 28 de setembro celebrouse a homenaxe a XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA co gallo da presentación do seu libro póstumo “Ultimos poemas de eloxios e outros poemas”. Foi un acto moi emotivo no que estiveron presentes os fillos de Xoán Xosé. A presidenta da Asociación, Balbina González Morcillo deu a benvida a todos […]