Cancelada a Décima Festa das Mulleres con motivo do Covid 19

Tras as recomendacións das autoridades sanitarias ante a expansión do coronavirus  no noso país, a xunta directiva de Teenses pola Igualdade decidiu suspender a décima edición da Festa das Mulleres, cuxa celebración estaba prevista o vindeiro sábado 14 de marzo en Rarís.

Mulleres pioneiras

Co gallo do Día Internacional da Muller Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, participou no Debate «Pioneiras: mulleres mudando o mundo», que tivo lugar o pasado 7 de marzo en Camariñas. No coloquio participaron mulleres referentes en distintos ámbitos profesionais, coma Silvia Viquiera, membra de Xornalistas Galegas, María Xosé Queizán, escritora, Zulema González, […]