Martabelas recibe o Premio do Público outorgado polo concello de Lourenzá

O ano 2019 remata cunha excelente noticia para o grupo teatral Martabelas, da Asociación Teenses pola Igualdade. O pasado 14 de decembro a peza teatral «A estraña familia», representada por Martabelas, recibía o Premio do Público outorgado polo municipio de Vilanova de Lourenzá no marco do Terceiro Certame de Teatro Afeccionado. Parabéns artistas e director!

Presentación do libro compilatorio dos poemas gañadores dos certames María Mariño

O xoves 12 de decembro a escritora teense Claudia Castro, membra da Asociación Teenses pola Igualdade, presentou na biblioteca d’Os Tilos o Libro «XII Anos de Andaina do Premio de Poesía María Mariño». Esta obra recolle os poemas gañadores das seis primeiras edicións do certame literario que esta asociación convoca dende o ano 2007. No […]