Unha cita imprescindible coa poesía

O vindeiro xoves 12 de decembro ás 20h na Biblioteca d’Os Tilos terá lugar a presentación do libro compilatorio dos poemas gañadores do Certame de Poesía María Mariño, convocado por Teenses pola Igualdade. Será unha cita inesquecible na que poderemos escoitar versos recitados polas súas autoras e autores.

Aprende como sacarlle partido ao teu móbil

Aínda estás a tempo de inscribirte no curso Controla o teu móbil, que comezará o vindeiro luns 9 de decembro na sede de Teenses pola Igualdade, en Luou (Teo). Unicamente tes que remitir un correo a: teensespi@gmail.com. Tamén podes contactarnos nos seguintes teléfonos: 653103194 / 647189953

Conferencia de Eugenia Prendes, fiscal de violencia de xénero en Asturias

O pasado 30 de novembro no Hotel Congreso de Teo tivemos ocasión de participar nunha charla con Eugenia Prendes, fiscala de violencia de xénero do Principado de Asturias. A presidenta de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia, exerceu de anfitrioa presentando a relatora e convidando o público a participar coas súas preguntas e opinións. Eugenia […]

Mulleres contra a luz

Hai mulleres que escacharon en mil anacos, que en moitos momentos quixeron deixar de existir, que se pensaron culpables cando eran vítimas. Hai mulleres que teñen a afouteza de compartir a súa experiencia de maltrato para amosar que se pode saír de situacións terribles. O pasado 23 de novembro en Teenses pola Igualdade tivemos a […]